Presentación

Os Apañacastañas

A tradición conta que O Apalpador deixa ás nenas e aos nenos unha presa de castañas ademais doutros agasallos. Logo, como son tantas castañas, teñen por forza que ser máxicas, e suponse que ao Apalpador terá que axudarlle alguén a apañalas, por iso decidimos crear a Irmandade dos Apañacastañas. Unha irmandade formada por todos os que axudamos a que O Apalpador faga realidade os soños dos máis pequenos. Pero ollo, ninguén pode enterarse de que o estamos a axudar.
Apúntate á nosa Irmandade para que isto siga adiante. Unha irmandade de todos cantos colaboran nos seus traballos, desde os que espallan a súa figura, até os que achegan donacións para que isto medre.

Unha resposta a “Presentación”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.